miércoles, 16 de febrero de 2011

España : Iker Casillas


Iker Casillas Fernández, nado en Móstoles o 20 de maio de 1981, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu club actual é o Real Madrid CF.
No 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española, da que é capitán, no que influíu moito na vitoria grazas a dúas espléndidas paradas a Arjen Robben.
De orixe abulense, aínda que se considera de Móstoles, pois viviu sempre neste municipio madrileño, naceu na capital. Xoga de Porteiro no Real Madrid da Primeira División de España e na Selección de fútbol de España.
Iker Casillas foi designado como o mellor porteiro do mundo de 2008 e 2009 na clasificación que elabora a Federación Internacional de Historia e Estatística do Fútbol ou IFFHS e o FIFPro. Desde o ano 2000 foi incluído habitualmente na lista dos mellores porteiros segundo a IFFHS.




1 comentario: